luns, 14 de maio de 2018

IES BREAMO NOS PREMIOS OLLOBOI

O pasado 11 de maio o noso centro participou no festival audiovisual escolar, Olloboi 2018, no que que os rapaces quedaron finalistas na categoría documental. Este é un resumo do noso paso polo Olloboi.


Estiveron traballando con nos o cineasta Eloy Domínguez e as actrices, Sabela Hermida e Carmen Méndez.


domingo, 13 de maio de 2018

ALBORADA

Os rapaces de 2ºESO tamén despediron aos islandeses e finlandeses mostrándolles unha alborada galega.


martes, 8 de maio de 2018

MUSIQUEANDO

O pasado 26 de abril, saimos á rúa coa clase de música, participando na edición deste ano de "Musiqueando", que se realiza a nivel estatal, para compartir con todo o mundo a música que se fai nas aulas, e para defender a presencia da educación musical en todas as etapas da aprendizaxe.


luns, 7 de maio de 2018

FINALISTAS NO CERTAME OLLOBOI

A curtametraxe "Entre o río e o mar" feita por algúns rapaces de 3º ESO finalista nos premios Olloboi 2018, na categoría documental.




Parabens!!!

April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...