xoves, 21 de novembro de 2019

A NOITE, TERRITORIO DA IMAXINACIÓN

"Adóitase dicir que o día e para ver e a noite para oir. A música, arte do misterio por excelencia, introdúcenos no corazón da noite e mergúllanos no umbral do silencio, cando este faise música"
No CGAC (centro galego de arte contemporánea) o pasado 5 de novembro, fíxose de noite ás 12 do mediodía escoitando obras nocturnas de Debussy, Brahms e artistas contemporáneos como Manuel Rodeiro (Eumés, fundador do departamento de música do CGAC) que ademáis de facer estas reflexións nos presentou o seu Luar, interpretado pola pianista Berta Fresco, obra composta e inspirada en Centroña nos anos 90.
Xa de volta ao día, visitamos a catedral coas explicacións de Carlos de Castro, así como o Pórtico da Gloria.
Alumnado de 2º de bacharelato


April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...