domingo, 19 de xaneiro de 2020

HERDEIRA

Herdeira é o título da curtametraxe feita este ano polo alumnado de 4º ESO na clase de música. Unha historia proposta polos rapaces e rapazas, que reflicte a inquietude por poñer en valor un dos traballos máis enraizados no pasado da vila.
A curtametraxe foi feita dentro do proxecto Vidas mariñeiras impulsado polo GALP que nos brinda a oportunidade de adentrarnos no mundo audiovisual a través de profesionais como Cristina de la Torre.



Música orixinal feita e interpretada polos alumnos e alumnas

TEATRO, MÚSICA E DANZA: ROMEO E XULIETA


O pasado venres 17 de xaneiro tivemos a sorte de poder asistir no auditorio de Galicia en Santiago á representación da obra Romeo e Xulieta con música para ballet de Prokofiev e adaptada á escea pola compañía de monicreques Per poc.
Alumnado de 2º ESO e 4º ESO música

April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...