luns, 15 de maio de 2023

De novo finalistas no festival de cine escolar Olloboi

 A curta "O soño de Raúl" levada a cabo o pasado curso 21/22 polo alumnado de 4º ESO na clase de música, resultou finalista no coñecido festival de cine escolar Olloboi. A entrega de premios terá lugar nunha gala que se celebrará o próximo día 26 de maio en Boiro. Máis volver quedar finalistas xa é todo un premio. Parabéns a todos os participantes!

Verónica, Sabela e Brais co diploma de finalistas. Parabéns!



Castelo de Andrade

 Como Irmandiños, pero armados con frautas e pandeiros, chegamos o pasado día 11 de mañanciña ao Castelo de Andrade. Alumnado dos catro cursos de 3º ESO disfrutou dunha estupenda visita guiada, organizada  través da oficina de turismo do concello. Ademáis de facer esta achega ao patrimonio da vila que conforma a identidade de todos/as nós, aproveitamos para tocar no seu interior a peza medieval "Dum pater familias" recollida no Códice Calixtino.


Grazas pola vosa participación! 


martes, 9 de maio de 2023

Musiqueando 2023

 Un ano máis participamos na iniciativa "Musiqueando" na que toman parte centros de Galicia e de todo o estado, para poñer en valor a importancia da música e a súa  presencia en todas as etapas do proceso educativo. Seguimos a proposta da organización e, todo o alumnado de analise musical de bacharelato, bailamos este tema tradicional de Rozalen.

O noso público, os neniños da escola infantil "A Casa Rosa", as súas mestras e os veciños que por alí pasaban. Foi un placer



April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...