sábado, 10 de novembro de 2018

COMEZAMOS O CURSO

Sombras, pedras, círculos,paseos......... en outubro 4º ESO música e artes escénicas iniciamos a nosa andaina.




domingo, 10 de xuño de 2018

SINESTESIA

Aquí podedes ver algunhas das composicións creadas por alumnos de bacharelato, sobre as pinturas que eles mesmos escolleron da exposición Sonoro Empeño (A música nas coleccións de Afundación), que visitamos xa no mes de novembro.

Sinestesia:
A utopía de formular unha pintura auditiva ou unha música visual, presente en toda a historia da arte, acada un desenvovemento máis significativo cos movementos de vangarda, que materializan a través da hibridación sensorial, a experiencia de ver os sons e escoitar as imaxes.
                                      A Música XV (Xaime Quesada)
Rapaz con ovellas (Juan Luis López)
Jazz em Streck Strump (Virxilio Fernández Cañedo)
Arpexios (Rafael Úbeda)
Homenaje al toro de Lecumberri (Alfonso Abelenda)
A farsa  (Laxeiro)

sábado, 2 de xuño de 2018

ACTUACIÓNS DA GRADUACIÓN 2018

Este vídeo é un resumo das actuacións realizadas polos rapaces, na  graduación de 2º BAC. Moitas grazas a todos os que participastes fixestelo de marabilla. Grazas tamén ao cuarteto Morris.



luns, 14 de maio de 2018

IES BREAMO NOS PREMIOS OLLOBOI

O pasado 11 de maio o noso centro participou no festival audiovisual escolar, Olloboi 2018, no que que os rapaces quedaron finalistas na categoría documental. Este é un resumo do noso paso polo Olloboi.


Estiveron traballando con nos o cineasta Eloy Domínguez e as actrices, Sabela Hermida e Carmen Méndez.


domingo, 13 de maio de 2018

ALBORADA

Os rapaces de 2ºESO tamén despediron aos islandeses e finlandeses mostrándolles unha alborada galega.


martes, 8 de maio de 2018

MUSIQUEANDO

O pasado 26 de abril, saimos á rúa coa clase de música, participando na edición deste ano de "Musiqueando", que se realiza a nivel estatal, para compartir con todo o mundo a música que se fai nas aulas, e para defender a presencia da educación musical en todas as etapas da aprendizaxe.


luns, 7 de maio de 2018

FINALISTAS NO CERTAME OLLOBOI

A curtametraxe "Entre o río e o mar" feita por algúns rapaces de 3º ESO finalista nos premios Olloboi 2018, na categoría documental.




Parabens!!!

April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...