luns, 3 de xuño de 2019

ACTUACIÓNS NA GRADUACIÓN 2019

Resumo das actuacións da graduación de 2º Bac 2019, coreografías,presentadores, cancións, pianistas, coro, grupo rock do instituto e grupo rock invitado. Moitas grazas a tod@s!!!


martes, 30 de abril de 2019

MUSIQUEANDO 2019. 25 ANOS DE REDES XUVENÍS.

O pasado 12 de abril fomos invitados por xuventude a participar na celebración dos 25 anos de redes xuvenís na casa da xuventude de Pontedeume. Aproveitamos para facer coincidir este evento coa celebración do "Musiqueando 2019", iniciativa que ten lugar a nivel de institutos para sacar a música á rúa e defender a presenza da educación musical en todas as etapas da aprendizaxe.                                               Alí estivemos!!!




sábado, 23 de marzo de 2019

ENSAIO CORAL NO CMUS XAN VIAÑO.

21 de marzo. Varias compoñentes do coro do Breamo asisten a un ensaio coral conxunto, con outros centro da zona (IES Terra de Trasancos, IES Sofía Casanova, IES Carballo Calero).
Dirixidos por Fernando López Briones, director do coro Gaos e coro Gaos xuvenil e profesor de dirección no conservatorio superior da Coruña, nunha actividade enmarcada dentro do grupo de traballo dinamización de coros escolares, promovida polo CFR de Ferrol.
Que ben o pasaron e que boas cancións aprenderon!!!






venres, 22 de febreiro de 2019

PANXEA

21 de febreiro, O alumnado de  2º ESO asiste, no auditorio de Galicia en Santiago, ao concerto didáctico Panxea, no que o multinstrumentista Abraham Cupeiro e a orquestra Real Filarmonía amosaron instrumentos e músicas dos diferentes continentes. Demostrando que a música traspasa fronteiras e non entende dos límites que pon o ser humano.










luns, 18 de febreiro de 2019

DIA DA RADIO

13 de febreiro, día mundial da radio. Tres horas de emisión en directo dende o IES Breamo, con interesantes entrevistas, gravacións, reportaxes e, para rematar a actuación do coro do Breamo interpretando O tren, tema de Andrés Dobarro que foi exito nos anos 70. Este cantante ferrolán tiña unha especial conexión coa nosa vila, Pontedeume. 

Podédelo ver no seguinte enlace:

O tren (Andrés Dobarro) Coro do Breamo


domingo, 20 de xaneiro de 2019

21 DE DECEMBRO

Actuación do grupo de 4º (música + artes escénicas), primeira actuación do coro, interpretacións dos diferentes cursos, panxoliña dos profesores, cancións ensaiadas na clase de francés e mesmo interpretacións espontáneas. Con todo isto desexámonos bo nadal e despedimos o ano o pasado día 21 de decembro.



April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...