domingo, 19 de xaneiro de 2020

TEATRO, MÚSICA E DANZA: ROMEO E XULIETA


O pasado venres 17 de xaneiro tivemos a sorte de poder asistir no auditorio de Galicia en Santiago á representación da obra Romeo e Xulieta con música para ballet de Prokofiev e adaptada á escea pola compañía de monicreques Per poc.
Alumnado de 2º ESO e 4º ESO música

mércores, 4 de decembro de 2019

CREANDO IDEAS MUSICAIS

O alumnado de música de 4° ESO está a participar no programa de creación audiovisual Vidas Mariñeiras. O luns á mañá coa axuda de Cristina de la Torre fixemos a gravación das ideas musicais que eles mesmos crearon para esta curtametraxe.
               Traballando en equipo

xoves, 21 de novembro de 2019

A NOITE, TERRITORIO DA IMAXINACIÓN

"Adóitase dicir que o día e para ver e a noite para oir. A música, arte do misterio por excelencia, introdúcenos no corazón da noite e mergúllanos no umbral do silencio, cando este faise música"
No CGAC (centro galego de arte contemporánea) o pasado 5 de novembro, fíxose de noite ás 12 do mediodía escoitando obras nocturnas de Debussy, Brahms e artistas contemporáneos como Manuel Rodeiro (Eumés, fundador do departamento de música do CGAC) que ademáis de facer estas reflexións nos presentou o seu Luar, interpretado pola pianista Berta Fresco, obra composta e inspirada en Centroña nos anos 90.
Xa de volta ao día, visitamos a catedral coas explicacións de Carlos de Castro, así como o Pórtico da Gloria.
Alumnado de 2º de bacharelato


domingo, 29 de setembro de 2019

JOANA CARNEIRO: MESTRA, DIRECTORA, CONDUCTOR

A directora de orquestra Joana Carneiro, que o pasado 27 de setembro dirixiu á orquestra Real Filarmonía no auditorio de Ferrol, foi entrevistada por Ainoha, Belen, Nico e Jennifer, que asistiron ao concerto grazas ás invitacións que a sociedade filarmónica ferrolana ofrece ao alumnado dos institutos da contorna.
Agradecemos a Joana a súa simpatía e amabilidade. Excelente entrevista e excelente concerto.





domingo, 16 de xuño de 2019

XORNADA DE CANCIÓNS, ENCONTRO E DIVERSIÓN

Con moita ledicia e coa intención de repetir a xornada o próximo curso, se cabe con máis participantes, rematou o I encontro para a dinamización de coros escolares, na que o noso centro participou. Unha iniciativa promovida polo CFR de Ferrol. A música e o canto coral como espazo de expresión, de encontro e de amizade.


Coros de catro institutos cantando xuntos


Gravación íntegra do evento


                                                   



April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...