No 2020 cúmplense 250 anos do nacemento de Beethoven e o 30 de xaneiro, quixemos celebrar o día da paz coa interpretación que fixeron alumnas e alumnos de 1º e 2º ESO do coñecido Himno da alegría pertencente á súa famosa 9ª sinfonía.
domingo, 2 de febreiro de 2020
domingo, 19 de xaneiro de 2020
HERDEIRA
Herdeira é o título da curtametraxe feita este ano polo alumnado de 4º ESO na clase de música. Unha historia proposta polos rapaces e rapazas, que reflicte a inquietude por poñer en valor un dos traballos máis enraizados no pasado da vila.
A curtametraxe foi feita dentro do proxecto Vidas mariñeiras impulsado polo GALP que nos brinda a oportunidade de adentrarnos no mundo audiovisual a través de profesionais como Cristina de la Torre.
A curtametraxe foi feita dentro do proxecto Vidas mariñeiras impulsado polo GALP que nos brinda a oportunidade de adentrarnos no mundo audiovisual a través de profesionais como Cristina de la Torre.
Música orixinal feita e interpretada polos alumnos e alumnas
TEATRO, MÚSICA E DANZA: ROMEO E XULIETA
O pasado venres 17 de xaneiro tivemos a sorte de poder asistir no auditorio de Galicia en Santiago á representación da obra Romeo e Xulieta con música para ballet de Prokofiev e adaptada á escea pola compañía de monicreques Per poc.
Alumnado de 2º ESO e 4º ESO música
mércores, 4 de decembro de 2019
CREANDO IDEAS MUSICAIS
O alumnado de música de 4° ESO está a participar no programa de creación audiovisual Vidas Mariñeiras. O luns á mañá coa axuda de Cristina de la Torre fixemos a gravación das ideas musicais que eles mesmos crearon para esta curtametraxe.
xoves, 21 de novembro de 2019
A NOITE, TERRITORIO DA IMAXINACIÓN
"Adóitase dicir que o día e para ver e a noite para oir. A música, arte do misterio por excelencia, introdúcenos no corazón da noite e mergúllanos no umbral do silencio, cando este faise música"
No CGAC (centro galego de arte contemporánea) o pasado 5 de novembro, fíxose de noite ás 12 do mediodía escoitando obras nocturnas de Debussy, Brahms e artistas contemporáneos como Manuel Rodeiro (Eumés, fundador do departamento de música do CGAC) que ademáis de facer estas reflexións nos presentou o seu Luar, interpretado pola pianista Berta Fresco, obra composta e inspirada en Centroña nos anos 90.
Xa de volta ao día, visitamos a catedral coas explicacións de Carlos de Castro, así como o Pórtico da Gloria.
Alumnado de 2º de bacharelato

domingo, 17 de novembro de 2019
domingo, 29 de setembro de 2019
JOANA CARNEIRO: MESTRA, DIRECTORA, CONDUCTOR
A directora de orquestra Joana Carneiro, que o pasado 27 de setembro dirixiu á orquestra Real Filarmonía no auditorio de Ferrol, foi entrevistada por Ainoha, Belen, Nico e Jennifer, que asistiron ao concerto grazas ás invitacións que a sociedade filarmónica ferrolana ofrece ao alumnado dos institutos da contorna.
Agradecemos a Joana a súa simpatía e amabilidade. Excelente entrevista e excelente concerto.
Agradecemos a Joana a súa simpatía e amabilidade. Excelente entrevista e excelente concerto.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
April in Paris
Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...
-
O 5 de febreiro, nunha colaboración dos departamentos de lingua galega e música, 60 alumnos de 3º e 4º ESO e de 1º e 2º BAC, fixemos unh...
-
21 de febreiro, O alumnado de 2º ESO asiste, no auditorio de Galicia en Santiago, ao concerto didáctico Panxea, no que o multinstrumentist...
-
Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...