xoves, 1 de xullo de 2021

NO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI

 O pasado 12 de xuño estivemos na entrega de premios do festival audiovisual Olloboi en Boiro, no que a curtametraxe "Herdeira" resultou finalista na categoría de -Non ficción-. Ainda que non resultou gañadora, supuxo un recoñecemento ao traballo realizado o ano pasado polo alumnado de 4º ESO na materia de música (toda a música foi feita orixinal, e interpretada polos rapaces e rapazas para a curta). Nesta entrega de premios o proxecto de creación audiovisual "Vidas mariñeiras" recibiu un premio especial pola súa importante aportación á creación audivisual nos centros educativos, proxecto no que ten participado o IES Breamo por tres anos consecutivos.




domingo, 23 de maio de 2021

MUSIQUEANDO 2021

 O alumnado de 1º e 2º Bac participa este ano no musiqueando 2021 que trata de achegar o traballo das aulas de música á rúa e que este ano, por mor do covid, faise de maneira virtual, poñendo como protagonista a percusión corporal. #musiqueando 2021, #musiqueando viral, #nosimportalamúsica












Buscando os lugares máis antigos e atopando ideas

 Durante este último mes o alumnado de 4º ESO estivo traballando na localización dos escenarios máis axeitados na vila, para a gravación dunha pequena curta. Para axudarnos nesa tarefa contamos coa inestimable colaboración de Carlos de Castro e de Silvia Sanmartín, que nos contaron cousas do pasado e a historia de Pontedeume.





mércores, 24 de febreiro de 2021

Día de Rosalía 2021

 Mariela, Yeray e Lucía de 2º ESO C, ofrecéronnos esta interpretación , coreografía e arranxo, sobre o tema musical de Uxía sobre o poema Alborada de Rosalía de Castro.

Moi bo traballo rapaces. Parabens!




mércores, 17 de febreiro de 2021

Nas redes do CGAC

 As composicións sobre a noite, realizadas polo alumnado de 2º Bac no curso pasado, son publicadas nas redes do CGAC

Redes do CGAC

martes, 9 de febreiro de 2021

VISITA VIRTUAL AO CGAC

 Os pasados 28 e 29 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º Bac da materia de analise musical, tivo a oportunidade de realizar unha visita virtual á colección permanente do CGAC (Centro galego de arte contemporánea). Sería moi interesante desenvolver algunha actividade creativa, como resultado desta visita.







domingo, 31 de xaneiro de 2021

Na noite máis fermosa

 Na noite máis fermosa é o título da panxoliña que o alumnado de 1º ESO obradoiro coral e o alumnado de 4º ESO música, interpretaron o pasado mes de decembro para celebrar o Nadal, aproveitando tamén a lenda tan fermosa que sobre a noite boa se conta na capela de Breamo.



April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...