martes, 5 de outubro de 2021

Entrega de premios Ouff escola 2021

 Unha vez máis fomos seleccionados como finalistas para a gala de entrega de premios Ouff escola, que se fixo de forma virtual o 27 de setembro. Nesta ocasión pola curta Herdeira, elaborada no curso 19-20 polo alumnado de 4º ESO na clase de música. Ainda que non gañamos premio, fíxonos moita ilusión.


PARABENS!!!


xoves, 8 de xullo de 2021

NOVA CURTAMETRAXE

 "A presenza" é o título da curtametraxe creada este ano na clase de música de 4º ESO. Partindo dunha achega ao patrimonio da nosa vila, e despois de ter visto a principio de curso a exposición 750 anos construindo Pontedeume,fumos desenvolvendo o guión e profundizando noutros temas como o de o acoso, a través desta misteriosa historia.

Toda a música empregada é orixinal creada e interpretada na clase.



xoves, 1 de xullo de 2021

TEÑO SAUDADE

 "Teño saudade" é o tema de Andrés Dobarro, do que os rapaces e rapazas de obradoiro coral de 1º ESO fixeron a súa versión, para adicarlla ás súas avoas e aos seus avós.



NO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI

 O pasado 12 de xuño estivemos na entrega de premios do festival audiovisual Olloboi en Boiro, no que a curtametraxe "Herdeira" resultou finalista na categoría de -Non ficción-. Ainda que non resultou gañadora, supuxo un recoñecemento ao traballo realizado o ano pasado polo alumnado de 4º ESO na materia de música (toda a música foi feita orixinal, e interpretada polos rapaces e rapazas para a curta). Nesta entrega de premios o proxecto de creación audiovisual "Vidas mariñeiras" recibiu un premio especial pola súa importante aportación á creación audivisual nos centros educativos, proxecto no que ten participado o IES Breamo por tres anos consecutivos.




domingo, 23 de maio de 2021

MUSIQUEANDO 2021

 O alumnado de 1º e 2º Bac participa este ano no musiqueando 2021 que trata de achegar o traballo das aulas de música á rúa e que este ano, por mor do covid, faise de maneira virtual, poñendo como protagonista a percusión corporal. #musiqueando 2021, #musiqueando viral, #nosimportalamúsica












Buscando os lugares máis antigos e atopando ideas

 Durante este último mes o alumnado de 4º ESO estivo traballando na localización dos escenarios máis axeitados na vila, para a gravación dunha pequena curta. Para axudarnos nesa tarefa contamos coa inestimable colaboración de Carlos de Castro e de Silvia Sanmartín, que nos contaron cousas do pasado e a historia de Pontedeume.





mércores, 24 de febreiro de 2021

Día de Rosalía 2021

 Mariela, Yeray e Lucía de 2º ESO C, ofrecéronnos esta interpretación , coreografía e arranxo, sobre o tema musical de Uxía sobre o poema Alborada de Rosalía de Castro.

Moi bo traballo rapaces. Parabens!




April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...