O obradoiro coral canta no entroido.
xoves, 3 de marzo de 2022
martes, 8 de febreiro de 2022
Orfeo e Euridice
O xoves 3 de febreiro, unha representación do alumnado de analise musical de 2º bac, foi invitado pola SFF, á representación da ópera Orfeo e Eurudice de Cristoph Wilibald Gluck. Esperamos poder repetir a experiencia con algún outro concerto interesante este curso, e con máis alumnado que se anime a participar.
sábado, 22 de xaneiro de 2022
Fantásticas actuacións de Nadal
Queremos deixar constancia das fantásticas actuacións que tivemos no concurso de artes escénicas no Nadal. Tanto dos grupos que actuaron fora de concurso (3º e 4º ESO, obradoiro coral de 1º), como as de todas as persoas que participaron no concurso. No Breamo hai moito talento. Parabens a todas elas!!!
mércores, 3 de novembro de 2021
O Obradoiro coral canta no Samaín
O alumnado de obradoiro coral de 1º ESO , interpreta no Samaín, a canción Compañeira de Fuxan os Ventos. Oito rapaces e rapazas aos que lles gusta cantar!
martes, 5 de outubro de 2021
Entrega de premios Ouff escola 2021
Unha vez máis fomos seleccionados como finalistas para a gala de entrega de premios Ouff escola, que se fixo de forma virtual o 27 de setembro. Nesta ocasión pola curta Herdeira, elaborada no curso 19-20 polo alumnado de 4º ESO na clase de música. Ainda que non gañamos premio, fíxonos moita ilusión.
xoves, 8 de xullo de 2021
NOVA CURTAMETRAXE
"A presenza" é o título da curtametraxe creada este ano na clase de música de 4º ESO. Partindo dunha achega ao patrimonio da nosa vila, e despois de ter visto a principio de curso a exposición 750 anos construindo Pontedeume,fumos desenvolvendo o guión e profundizando noutros temas como o de o acoso, a través desta misteriosa historia.
Toda a música empregada é orixinal creada e interpretada na clase.
April in Paris
Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...
-
O 5 de febreiro, nunha colaboración dos departamentos de lingua galega e música, 60 alumnos de 3º e 4º ESO e de 1º e 2º BAC, fixemos unh...
-
21 de febreiro, O alumnado de 2º ESO asiste, no auditorio de Galicia en Santiago, ao concerto didáctico Panxea, no que o multinstrumentist...
-
Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...
