O pasado 22 de decembro, para rematar o trimestre e celebrar o Nadal, alumnado de 3º , 4º ESO, e 2º Bac compartiu con todo o centro algunhas interpretacións navideñas traballadas na aula de música.
Moitas grazas por participar!!!
O pasado 22 de decembro, para rematar o trimestre e celebrar o Nadal, alumnado de 3º , 4º ESO, e 2º Bac compartiu con todo o centro algunhas interpretacións navideñas traballadas na aula de música.
Moitas grazas por participar!!!
Para o 22 de novembro, día de Santa Icía, 2º bac xa tiña montada esta pequena percusión corporal sobre o coñecido tema de Offenbach . Ainda que a gravación fixémola un pouquiño máis tarde.
Coa idea constante do 3º mov da 1ª sinfonía de Gustav Mahler na cabeza, os rapaces de 4º ESO coa materia de música acompañaron durante unha hora, sen parar, o motivo desta célebre marcha fúnebre.
Moi ben tocado!
4º ESO, clase de música.Unha destas mañás de outubro saimos na procura de palabras e emocións, na búsqueda dun novo proxecto.
O soño de Raúl é o titulo da nova curtametraxe creada este curso na clase de música de 4º ESO. Como outros anos, trátase dunha idea creada dende a súa orixe. O grupo clase en equipo, crea dende cero unha curtametraxe orixinal, traballando na idea, na consecución do guión, na caracterización dos personaxes, na búsqueda dos espazos, e por suposto na música orixinal creada e interpretada na propia clase, así como o descubrimento da súa gran importancia no desenvolvemento da historia. O proxecto está enmarcado dentro do programa innova saude, no que se traballou no centro conxuntamente dende os diferentes departamentos.
Un ano máis, alumnado de 4º ESO na clase de música, afánase na creación dunha curtametraxe, en esta ocasión traballamos no marco do proxecto innova de vida saudable, no que está inscrito o centro e no que se colabora dende os diferentes departamentos. Ademáis contamos coa axuda de Javier Seone, especialista en audiovisual, que nos aporta a súa experiencia neste medio e a maneira de sacar o mellor partido á gravación.
Dentro da inciativa, Musiqueando 2022, promovida como todos os anos pola COAEM (Confederación de asociaciones de enseñanza musical), saimos este ano á rúa, e no exterior do mercado municipal, tendo de fondo ao noso querido Torreón dos Andrade, compartimos coa veciñanza o traballo que se leva a cabo na aula de música. Aquí podedes ver un resumo. #Nosimportalamusica.
Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...