Como Irmandiños, pero armados con frautas e pandeiros, chegamos o pasado día 11 de mañanciña ao Castelo de Andrade. Alumnado dos catro cursos de 3º ESO disfrutou dunha estupenda visita guiada, organizada través da oficina de turismo do concello. Ademáis de facer esta achega ao patrimonio da vila que conforma a identidade de todos/as nós, aproveitamos para tocar no seu interior a peza medieval "Dum pater familias" recollida no Códice Calixtino.
luns, 15 de maio de 2023
martes, 9 de maio de 2023
Musiqueando 2023
Un ano máis participamos na iniciativa "Musiqueando" na que toman parte centros de Galicia e de todo o estado, para poñer en valor a importancia da música e a súa presencia en todas as etapas do proceso educativo. Seguimos a proposta da organización e, todo o alumnado de analise musical de bacharelato, bailamos este tema tradicional de Rozalen.
O noso público, os neniños da escola infantil "A Casa Rosa", as súas mestras e os veciños que por alí pasaban. Foi un placer
mércores, 12 de abril de 2023
Festa Pagana
Interpretación do tema Festa Pagana de Mago de Oz, feita polo alumnado de 2º bac e gravada cos materiais aportados dende o Polo Creativo.
mércores, 29 de marzo de 2023
Participación no concurso Canta Ferrol
sábado, 11 de febreiro de 2023
Analise musical & Historia da arte
Despois de dous anos sen poder facela, retomamos esta saida conxunta a Santiago con alumnado de analise musical e historia da arte en bacharelato. Nesta ocasión visitamos a exposición Camiños Creativos na Cidade da Cultura, asistimos ao concerto didáctico Xogo de Espellos no Auditorio de Galicia, e para rematar fixamos a mirada no Pórtico da Gloria. Un día xenial!
mércores, 8 de febreiro de 2023
Berlioz, Dutilleux, Dvorak
Invitados pola Sociedade Filarmónica Ferrolana o xoves 2 de febreiro , unha representación de alumnado de analise musical 2º Bac asistiu ao concerto nº 589 que tivo lugar de no auditorio de Ferrol, onde puideron escoitar a obertura "O Corsario" de Berlioz, "Concerto para violonchelo" de Dutilleux e de Anton Dvorak a coñecida sinfonía nº 9 "Do novo mundo"
domingo, 8 de xaneiro de 2023
Música no Nadal 2022
O pasado 22 de decembro, para rematar o trimestre e celebrar o Nadal, alumnado de 3º , 4º ESO, e 2º Bac compartiu con todo o centro algunhas interpretacións navideñas traballadas na aula de música.
Moitas grazas por participar!!!
April in Paris
Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...
-
O 5 de febreiro, nunha colaboración dos departamentos de lingua galega e música, 60 alumnos de 3º e 4º ESO e de 1º e 2º BAC, fixemos unh...
-
21 de febreiro, O alumnado de 2º ESO asiste, no auditorio de Galicia en Santiago, ao concerto didáctico Panxea, no que o multinstrumentist...
-
Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...


