martes, 26 de decembro de 2017
CATÁLOGO FOTOGRÁFICO
A calidade das persoas entrevistadas na curtametraxe "Entre o rio e o mar", queda reflectida nesta imaxe tan fermosa que quedou incluida no catálogo fotográfico do GALP Golfo Ártabro Norte do ano 2017, e realizada por Mandeo Records.
ENTRE O RÍO E O MAR
O día 21 de decembro nos Cines Duplex de Ferrol, presentáronse os traballos audiovisuais realizados polos alumnos de 3º e 4º ESO do CPI A Xunqueira de Fene, CPI As Mirandas de Ares e o noso IES Breamo de Pontedeume. Estes tres centros foron seleccionados polos seus proxectos, para producir tres curtametraxes realizadas polo alumnado.
Estas curtametraxes tiveron como fin a posta en valor dos oficios tradicionais e as paixases mariñeiras do Golfo Ártabro Norte, a traves do programa Vidas Mariñeiras coordinado polo grupo de acción local do Golfo Ártabro Norte.
O traballo presentado polos sete alumnos de 3º ESO do noso centro foi "Entre o río e o mar" e como eles mesmos indicaron na súa presentación, todo,as imaxes,as tomas, a narración, as ideas ata a música foi creado por eles mesmos coa axuda na súa montaxe do cineasta de Numax Marcos Florez.
xoves, 14 de decembro de 2017
MÚSICA PARA A CURTAMETRAXE
sábado, 2 de decembro de 2017
SONORO EMPEÑO
luns, 20 de novembro de 2017
GRAVANDO
Sete rapaces de 3º ESO A están a participar na gravación dunha curtametraxe sobre as vidas mariñeiras en Pontedeume. Suporá un reto importante dende varios puntos de vista, tamén dende o musical. Onte foi unha tarde de gravación única, pola luz tan bonita do outono, e pola calidade das persoas que participaron e contestaron ás preguntas que lles propuxeron. Grazas tamén a Marcos polo seu bo facer aprendéndolles aos rapaces.
sábado, 18 de novembro de 2017
CANTANDO NO SAMAÍN
Sobre estas fotos inquietantes feitas e editadas polos rapaces de 4º ESO o 31 de outubro, os de 2ºESO interpretaron a súa canción de Samaín.
xoves, 16 de novembro de 2017
INICIAMOS A NOSA ANDAINA
En setembro, os rapaces de 4º ESO fixemos unha saida ao entorno na procura da nosa concentración. Atopamos ademáis tranquilidade, natureza, amizade, xogo.... e unha dor insistente nalgún pé.
Con todo iso crearon a súa "Invención musical sobre un paseo a Zopazos"
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
April in Paris
Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...
-
O 5 de febreiro, nunha colaboración dos departamentos de lingua galega e música, 60 alumnos de 3º e 4º ESO e de 1º e 2º BAC, fixemos unh...
-
21 de febreiro, O alumnado de 2º ESO asiste, no auditorio de Galicia en Santiago, ao concerto didáctico Panxea, no que o multinstrumentist...
-
Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...
































