venres, 22 de febreiro de 2019
PANXEA
21 de febreiro, O alumnado de 2º ESO asiste, no auditorio de Galicia en Santiago, ao concerto didáctico Panxea, no que o multinstrumentista Abraham Cupeiro e a orquestra Real Filarmonía amosaron instrumentos e músicas dos diferentes continentes. Demostrando que a música traspasa fronteiras e non entende dos límites que pon o ser humano.
luns, 18 de febreiro de 2019
DIA DA RADIO
13 de febreiro, día mundial da radio. Tres horas de emisión en directo dende o IES Breamo, con interesantes entrevistas, gravacións, reportaxes e, para rematar a actuación do coro do Breamo interpretando O tren, tema de Andrés Dobarro que foi exito nos anos 70. Este cantante ferrolán tiña unha especial conexión coa nosa vila, Pontedeume.
Podédelo ver no seguinte enlace:
O tren (Andrés Dobarro) Coro do Breamo
Podédelo ver no seguinte enlace:
O tren (Andrés Dobarro) Coro do Breamo
domingo, 20 de xaneiro de 2019
21 DE DECEMBRO
Actuación do grupo de 4º (música + artes escénicas), primeira actuación do coro, interpretacións dos diferentes cursos, panxoliña dos profesores, cancións ensaiadas na clase de francés e mesmo interpretacións espontáneas. Con todo isto desexámonos bo nadal e despedimos o ano o pasado día 21 de decembro.
domingo, 13 de xaneiro de 2019
MÚSICA E ARTE CORRESPONDENCIAS SONORAS
Este é o resumo da visita que o alumnado de 2º Bach fixo o pasado 18 de decembro ao CGAC (Centro galego de arte contemporáneo en Santiago). Alí puidemos coñecer a exposición Without de Juliao Sarmento, que realiza traballos arredor do cinematográfico e provoca que como espectadores nos vexamos inmersos nun terreo inquietante. Sobre esta exposición o grupo de música contemporánea Vertixe sonora elaborou un concerto que tivemos a posibilidade de escoitar, incluso coa presencia dos propios compositores que nalgún caso actuaron como directores.
Xa pola tarde, e como contraste artístico, visitamos a catedral e o seu museo.
Xa pola tarde, e como contraste artístico, visitamos a catedral e o seu museo.
venres, 23 de novembro de 2018
FRONTEIRA INFINDA
domingo, 18 de novembro de 2018
XA TEMOS O CORO EN MARCHA
Un total de 18 rapazas e rapaces de diferentes cursos, dan comezo ao proxecto do coro, pero tod@s seguides invitados a formar parte.
domingo, 11 de novembro de 2018
PERFORMANCE DE MEDO NA BIBLIOTECA
O luns 5 de novembro celebramos o Samaín e o magosto no centro. Os alumn@s de 4ºmúsica+artes escénicas prepararon unha performance de medo para representar na biblioteca, á que seguiron relatos e vídeos fantásticos sobrecolledores.
Unha velada arrepiante
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
April in Paris
Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...
-
O 5 de febreiro, nunha colaboración dos departamentos de lingua galega e música, 60 alumnos de 3º e 4º ESO e de 1º e 2º BAC, fixemos unh...
-
21 de febreiro, O alumnado de 2º ESO asiste, no auditorio de Galicia en Santiago, ao concerto didáctico Panxea, no que o multinstrumentist...
-
Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...












