21 de marzo. Varias compoñentes do coro do Breamo asisten a un ensaio coral conxunto, con outros centro da zona (IES Terra de Trasancos, IES Sofía Casanova, IES Carballo Calero). Dirixidos por Fernando López Briones, director do coro Gaos e coro Gaos xuvenil e profesor de dirección no conservatorio superior da Coruña, nunha actividade enmarcada dentro do grupo de traballo dinamización de coros escolares, promovida polo CFR de Ferrol. Que ben o pasaron e que boas cancións aprenderon!!!
21 de febreiro, O alumnado de 2º ESO asiste, no auditorio de Galicia en Santiago, ao concerto didáctico Panxea, no que o multinstrumentista Abraham Cupeiro e a orquestra Real Filarmonía amosaron instrumentos e músicas dos diferentes continentes. Demostrando que a música traspasa fronteiras e non entende dos límites que pon o ser humano.
13 de febreiro, día mundial da radio. Tres horas de emisión en directo dende o IES Breamo, con interesantes entrevistas, gravacións, reportaxes e, para rematar a actuación do coro do Breamo interpretando O tren, tema de Andrés Dobarro que foi exito nos anos 70. Este cantante ferrolán tiña unha especial conexión coa nosa vila, Pontedeume. Podédelo ver no seguinte enlace: O tren (Andrés Dobarro) Coro do Breamo
Actuación do grupo de 4º (música + artes escénicas), primeira actuación do coro, interpretacións dos diferentes cursos, panxoliña dos profesores, cancións ensaiadas na clase de francés e mesmo interpretacións espontáneas. Con todo isto desexámonos bo nadal e despedimos o ano o pasado día 21 de decembro.
Este é o resumo da visita que o alumnado de 2º Bach fixo o pasado 18 de decembro ao CGAC (Centro galego de arte contemporáneo en Santiago). Alí puidemos coñecer a exposición Without de Juliao Sarmento, que realiza traballos arredor do cinematográfico e provoca que como espectadores nos vexamos inmersos nun terreo inquietante. Sobre esta exposición o grupo de música contemporánea Vertixe sonora elaborou un concerto que tivemos a posibilidade de escoitar, incluso coa presencia dos propios compositores que nalgún caso actuaron como directores. Xa pola tarde, e como contraste artístico, visitamos a catedral e o seu museo.
12 de novembro, alumn@s de 1º Bac música visitan a exposición fronteira infinda, toma de contacto coa arte galega do século XX, e búsqueda de material de traballo.Ese mesmo día aproveitamos tamén a oportunidade para coñecer o Jofre e os seus espazos.