Con moita ledicia e coa intención de repetir a xornada o próximo curso, se cabe con máis participantes, rematou o I encontro para a dinamización de coros escolares, na que o noso centro participou. Unha iniciativa promovida polo CFR de Ferrol. A música e o canto coral como espazo de expresión, de encontro e de amizade.
Resumo das actuacións da graduación de 2º Bac 2019, coreografías,presentadores, cancións, pianistas, coro, grupo rock do instituto e grupo rock invitado. Moitas grazas a tod@s!!!
O pasado 12 de abril fomos invitados por xuventude a participar na celebración dos 25 anos de redes xuvenís na casa da xuventude de Pontedeume. Aproveitamos para facer coincidir este evento coa celebración do "Musiqueando 2019", iniciativa que ten lugar a nivel de institutos para sacar a música á rúa e defender a presenza da educación musical en todas as etapas da aprendizaxe. Alí estivemos!!!
21 de marzo. Varias compoñentes do coro do Breamo asisten a un ensaio coral conxunto, con outros centro da zona (IES Terra de Trasancos, IES Sofía Casanova, IES Carballo Calero). Dirixidos por Fernando López Briones, director do coro Gaos e coro Gaos xuvenil e profesor de dirección no conservatorio superior da Coruña, nunha actividade enmarcada dentro do grupo de traballo dinamización de coros escolares, promovida polo CFR de Ferrol. Que ben o pasaron e que boas cancións aprenderon!!!
21 de febreiro, O alumnado de 2º ESO asiste, no auditorio de Galicia en Santiago, ao concerto didáctico Panxea, no que o multinstrumentista Abraham Cupeiro e a orquestra Real Filarmonía amosaron instrumentos e músicas dos diferentes continentes. Demostrando que a música traspasa fronteiras e non entende dos límites que pon o ser humano.