luns, 27 de abril de 2020

RESISTINDO

Con todos os vídeos do tema Resistiré (dúo Dinámico) recibidos ata onte, fixemos a seguinte montaxe. Parabéns a todos polo ben que o facedes e ánimo a todo o mundo para rematar este curso 19/20
Xa imos pola 5ª versión do vídeo e seguimos sumando aportacións






mércores, 26 de febreiro de 2020

COÑECEMOS O TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO: ESPECTÁCULO "INVOLUCIÓN"

Involución é un espectáculo promovido por Compostela Cultura que a través da danza, o teatro, o circo e a música, combinados dun xeito sorprendente e inxenioso, trata de explicar a historia da humanidade en só 60 minutos e cun único artista no escenario.
O alumnado de 3º ESO tivo a oportunidade de coñecelo o pasado 11 de febreiro no Teatro Principal de Santiago.



 
 

domingo, 2 de febreiro de 2020

HIMNO Á ALEGRÍA

No 2020 cúmplense 250 anos do nacemento de Beethoven e o 30 de xaneiro, quixemos celebrar o día da paz coa interpretación que fixeron alumnas e alumnos de 1º e 2º ESO do coñecido Himno da alegría pertencente á súa famosa 9ª sinfonía.


domingo, 19 de xaneiro de 2020

HERDEIRA

Herdeira é o título da curtametraxe feita este ano polo alumnado de 4º ESO na clase de música. Unha historia proposta polos rapaces e rapazas, que reflicte a inquietude por poñer en valor un dos traballos máis enraizados no pasado da vila.
A curtametraxe foi feita dentro do proxecto Vidas mariñeiras impulsado polo GALP que nos brinda a oportunidade de adentrarnos no mundo audiovisual a través de profesionais como Cristina de la Torre.



Música orixinal feita e interpretada polos alumnos e alumnas

TEATRO, MÚSICA E DANZA: ROMEO E XULIETA


O pasado venres 17 de xaneiro tivemos a sorte de poder asistir no auditorio de Galicia en Santiago á representación da obra Romeo e Xulieta con música para ballet de Prokofiev e adaptada á escea pola compañía de monicreques Per poc.
Alumnado de 2º ESO e 4º ESO música

mércores, 4 de decembro de 2019

CREANDO IDEAS MUSICAIS

O alumnado de música de 4° ESO está a participar no programa de creación audiovisual Vidas Mariñeiras. O luns á mañá coa axuda de Cristina de la Torre fixemos a gravación das ideas musicais que eles mesmos crearon para esta curtametraxe.
               Traballando en equipo

xoves, 21 de novembro de 2019

A NOITE, TERRITORIO DA IMAXINACIÓN

"Adóitase dicir que o día e para ver e a noite para oir. A música, arte do misterio por excelencia, introdúcenos no corazón da noite e mergúllanos no umbral do silencio, cando este faise música"
No CGAC (centro galego de arte contemporánea) o pasado 5 de novembro, fíxose de noite ás 12 do mediodía escoitando obras nocturnas de Debussy, Brahms e artistas contemporáneos como Manuel Rodeiro (Eumés, fundador do departamento de música do CGAC) que ademáis de facer estas reflexións nos presentou o seu Luar, interpretado pola pianista Berta Fresco, obra composta e inspirada en Centroña nos anos 90.
Xa de volta ao día, visitamos a catedral coas explicacións de Carlos de Castro, así como o Pórtico da Gloria.
Alumnado de 2º de bacharelato


April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...