mércores, 29 de marzo de 2023

Participación no concurso Canta Ferrol


Esta tarde Carolina Panadero de 4° ESO, representa ao IES Breamo no concurso "Canta Ferrol"
 Moita sorte Carolina!





sábado, 11 de febreiro de 2023

Analise musical & Historia da arte

 Despois de dous anos sen poder facela, retomamos esta saida conxunta a Santiago con alumnado de analise musical e historia da arte en bacharelato. Nesta ocasión visitamos a exposición Camiños Creativos na Cidade da Cultura, asistimos ao concerto didáctico Xogo de Espellos no Auditorio de Galicia, e para rematar fixamos a mirada no Pórtico da Gloria. Un día xenial!


 Musica da montaxe: "Chamando á Lúa" de Javier Otero, creador do proxecto "Xogo de espellos", unha proposta de música electrónica xunto coa orquestra Real Filarmonía


mércores, 8 de febreiro de 2023

Berlioz, Dutilleux, Dvorak

 Invitados pola Sociedade Filarmónica Ferrolana o xoves 2 de febreiro , unha representación de alumnado de analise musical 2º Bac asistiu ao concerto nº 589 que tivo lugar de no auditorio de Ferrol, onde puideron escoitar a obertura "O Corsario" de Berlioz, "Concerto para violonchelo" de Dutilleux e de Anton Dvorak a coñecida sinfonía nº 9 "Do novo mundo"








domingo, 8 de xaneiro de 2023

Música no Nadal 2022

 O pasado 22 de decembro, para rematar o trimestre e celebrar o Nadal, alumnado de 3º , 4º ESO, e 2º Bac compartiu con todo o centro algunhas interpretacións navideñas traballadas na aula de música.

 Moitas grazas por participar!!!




martes, 6 de decembro de 2022

Percusión corporal con Offenbach

Para o 22 de novembro, día de Santa Icía, 2º bac xa tiña montada esta pequena percusión corporal sobre o coñecido tema de Offenbach . Ainda que a gravación fixémola un pouquiño máis tarde.




domingo, 13 de novembro de 2022

Tocando no Samaín 2022

 Coa idea constante do 3º mov da 1ª sinfonía de Gustav Mahler na cabeza, os rapaces de 4º ESO coa materia de música acompañaron durante unha hora, sen parar, o motivo desta célebre marcha fúnebre. 

Moi ben tocado!

 Ademáis unha misteriosa compaña percorreu as aulas de todo o centro ao son de:
É hora de ler





 

Na búsqueda dun novo proxecto

 4º ESO, clase de música.Unha destas mañás de outubro saimos na procura de palabras e emocións, na búsqueda dun novo proxecto.





April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...