Na web de «Vidas mariñeiras» xa están dispoñibles as 3 curtametraxes realizadas na primeira edición do programa polo alumnado dos centros públicos IES Breamo (Pontedeume), CPI As Mirandas (Ares) e CPI A Xunqueira (Fene) . Como sabedes, son resultado dun intenso traballo formativo realizado entre os meses de outubro e decembro, e foron estreadas publicamente o pasado 21 de decembro nos Cines Dúplex de Ferrol. A ligazón é a seguinte:
Pero lembrade que o vindeiro sábado 13 de xaneiro ás 18:00 estaremos presentando de novo os traballos no Centro Galego das Artes da Imaxe , acompañados por boa parte da equipa responsable de cada filme.
Ningún comentario:
Publicar un comentario