domingo, 14 de xuño de 2020

Composicións nocturnas

Despois de ter asistido, o pasado mes de novembro ao concerto A noite territorio da imaxinación,, no CGAC en Santiago, e despois de ter traballado durante o curso a gran cantidade de composicións musicais de todos os tempos e estilos que hai, baseadas no tema da noite, quero deixar esta colección de composicións orixinais e montaxes que o alumnado de 2º Bac fixo durante esta 3ª avaliación. Unhas baseadas na natureza ou en situacións urbanas , outras de carácter onírico e con influencia de baladas de rock, algunha baseada incluso nos nocturnos de Chopin, pero todas elas reflicten a capacidade creativa que todas as persoas somos capaces de desenvolver.
                                                                                  
                                                                                                    

Composicións creadas e interpretadas polo propio alumnado empregando instrumentos tradicionais
como frauta, piano, guitarra ou empregando programas de edición musical.

 
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...