mércores, 14 de febreiro de 2018

PERGAMIÑO VINDEL



O 5 de febreiro, nunha colaboración dos departamentos de lingua galega e música, 60 alumnos  de 3º  e 4º ESO e de 1º e 2º BAC, fixemos unha visita ao museo do mar de Galicia para ver o Pergamiño Vindel, que está alí exposto estes meses de maneira excepcional.

Un tesouro en sete cantigas de Martín Codax que non podiamos deixar pasar.


domingo, 14 de xaneiro de 2018

martes, 2 de xaneiro de 2018

PUBLICACIÓN DAS CURTAMETRAXES

 Na web de «Vidas mariñeiras» xa están dispoñibles as 3 curtametraxes realizadas na primeira edición do programa polo alumnado dos centros públicos IES Breamo (Pontedeume), CPI As Mirandas (Ares) e CPI A Xunqueira (Fene) . Como sabedes, son resultado dun intenso traballo formativo realizado entre os meses de outubro e decembro, e foron estreadas publicamente o pasado 21 de decembro nos Cines Dúplex de Ferrol. A  ligazón é a seguinte:
Pero lembrade que o vindeiro sábado 13 de xaneiro ás 18:00 estaremos presentando de novo os traballos no Centro Galego das Artes da Imaxe , acompañados por boa parte da equipa responsable de cada filme.

martes, 26 de decembro de 2017

CATÁLOGO FOTOGRÁFICO


A calidade das persoas entrevistadas na curtametraxe "Entre o rio e o mar", queda reflectida nesta imaxe tan fermosa que quedou incluida no catálogo fotográfico do GALP Golfo Ártabro Norte do ano 2017, e realizada por Mandeo Records.


ENTRE O RÍO E O MAR


O día 21 de decembro nos Cines Duplex de Ferrol, presentáronse os traballos audiovisuais realizados polos alumnos de 3º e 4º ESO do CPI A Xunqueira de Fene, CPI As Mirandas de Ares e o noso IES Breamo de Pontedeume. Estes tres centros foron seleccionados polos seus proxectos, para producir tres curtametraxes realizadas polo alumnado.
Estas curtametraxes tiveron como fin a posta en valor dos oficios tradicionais e as paixases mariñeiras do Golfo Ártabro Norte, a traves do programa Vidas Mariñeiras coordinado polo grupo de acción local do Golfo Ártabro Norte.
O traballo presentado polos sete alumnos de 3º ESO do noso centro foi "Entre o río e o mar" e como eles mesmos indicaron na súa presentación, todo,as imaxes,as tomas, a narración, as ideas ata a música foi creado por eles mesmos coa axuda na súa montaxe do cineasta de Numax Marcos Florez.









xoves, 14 de decembro de 2017

MÚSICA PARA A CURTAMETRAXE

Xa queda menos para a estrea da curtametraxe, esta mañá visitounos Marcos e fixemos a gravación da música.










sábado, 2 de decembro de 2017

SONORO EMPEÑO

Novembro, 29, 2017.  Alumnos de bacharelato visitan a exposición Sonoro empeño, na sede de Afundación en Ferrol. Sonoro empeño de artistas galegos por representar de forma plástica a esencia da música.











 


 


April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...