mércores, 17 de febreiro de 2021

Nas redes do CGAC

 As composicións sobre a noite, realizadas polo alumnado de 2º Bac no curso pasado, son publicadas nas redes do CGAC

Redes do CGAC

martes, 9 de febreiro de 2021

VISITA VIRTUAL AO CGAC

 Os pasados 28 e 29 de febreiro, o alumnado de 1º e 2º Bac da materia de analise musical, tivo a oportunidade de realizar unha visita virtual á colección permanente do CGAC (Centro galego de arte contemporánea). Sería moi interesante desenvolver algunha actividade creativa, como resultado desta visita.







domingo, 31 de xaneiro de 2021

Na noite máis fermosa

 Na noite máis fermosa é o título da panxoliña que o alumnado de 1º ESO obradoiro coral e o alumnado de 4º ESO música, interpretaron o pasado mes de decembro para celebrar o Nadal, aproveitando tamén a lenda tan fermosa que sobre a noite boa se conta na capela de Breamo.



domingo, 14 de xuño de 2020

Composicións nocturnas

Despois de ter asistido, o pasado mes de novembro ao concerto A noite territorio da imaxinación,, no CGAC en Santiago, e despois de ter traballado durante o curso a gran cantidade de composicións musicais de todos os tempos e estilos que hai, baseadas no tema da noite, quero deixar esta colección de composicións orixinais e montaxes que o alumnado de 2º Bac fixo durante esta 3ª avaliación. Unhas baseadas na natureza ou en situacións urbanas , outras de carácter onírico e con influencia de baladas de rock, algunha baseada incluso nos nocturnos de Chopin, pero todas elas reflicten a capacidade creativa que todas as persoas somos capaces de desenvolver.
                                                                                  
                                                                                                    

Composicións creadas e interpretadas polo propio alumnado empregando instrumentos tradicionais
como frauta, piano, guitarra ou empregando programas de edición musical.

 
 

2020 abril

2020 abril é o título da curta que se elaborou entre un grupo de alumnos e alumnas de 4º ESO, durante o confinamento provocado polo covid 19, na clase de música. Con ela participaremos no Olloboi 2020 na categoría que se creou con esta situación tan singular que nos tocou vivir, olloboi covideo 2020.
                                                                                         
 
                                                                               
                                                                                 
 





luns, 27 de abril de 2020

RESISTINDO

Con todos os vídeos do tema Resistiré (dúo Dinámico) recibidos ata onte, fixemos a seguinte montaxe. Parabéns a todos polo ben que o facedes e ánimo a todo o mundo para rematar este curso 19/20
Xa imos pola 5ª versión do vídeo e seguimos sumando aportacións






mércores, 26 de febreiro de 2020

COÑECEMOS O TEATRO PRINCIPAL DE SANTIAGO: ESPECTÁCULO "INVOLUCIÓN"

Involución é un espectáculo promovido por Compostela Cultura que a través da danza, o teatro, o circo e a música, combinados dun xeito sorprendente e inxenioso, trata de explicar a historia da humanidade en só 60 minutos e cun único artista no escenario.
O alumnado de 3º ESO tivo a oportunidade de coñecelo o pasado 11 de febreiro no Teatro Principal de Santiago.



 
 

April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...