domingo, 29 de abril de 2018

BRYAN BORU´S MARCH

Interpretación de Bryan Boru´s march feita polos rapaces de 3º ESO sobre unha montaxe de fotos, moitas delas aportadas por eles mesmos. Desta maneira despedimos aos islandeses e finlandeses que nos visitaron durante este mes de abril.



xoves, 26 de abril de 2018

ENSAIANDO

Ensaiando para tocar o día 20 no día da música que se organizou para despedir aos finlandeses e islandeses que nos visitaron estes días.


mércores, 14 de febreiro de 2018

PERGAMIÑO VINDEL



O 5 de febreiro, nunha colaboración dos departamentos de lingua galega e música, 60 alumnos  de 3º  e 4º ESO e de 1º e 2º BAC, fixemos unha visita ao museo do mar de Galicia para ver o Pergamiño Vindel, que está alí exposto estes meses de maneira excepcional.

Un tesouro en sete cantigas de Martín Codax que non podiamos deixar pasar.


domingo, 14 de xaneiro de 2018

martes, 2 de xaneiro de 2018

PUBLICACIÓN DAS CURTAMETRAXES

 Na web de «Vidas mariñeiras» xa están dispoñibles as 3 curtametraxes realizadas na primeira edición do programa polo alumnado dos centros públicos IES Breamo (Pontedeume), CPI As Mirandas (Ares) e CPI A Xunqueira (Fene) . Como sabedes, son resultado dun intenso traballo formativo realizado entre os meses de outubro e decembro, e foron estreadas publicamente o pasado 21 de decembro nos Cines Dúplex de Ferrol. A  ligazón é a seguinte:
Pero lembrade que o vindeiro sábado 13 de xaneiro ás 18:00 estaremos presentando de novo os traballos no Centro Galego das Artes da Imaxe , acompañados por boa parte da equipa responsable de cada filme.

martes, 26 de decembro de 2017

CATÁLOGO FOTOGRÁFICO


A calidade das persoas entrevistadas na curtametraxe "Entre o rio e o mar", queda reflectida nesta imaxe tan fermosa que quedou incluida no catálogo fotográfico do GALP Golfo Ártabro Norte do ano 2017, e realizada por Mandeo Records.


April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...