luns, 20 de novembro de 2017

GRAVANDO


Sete rapaces de 3º ESO A están a participar na gravación dunha curtametraxe sobre as vidas mariñeiras en Pontedeume. Suporá un reto importante dende varios puntos de vista, tamén dende o musical. Onte foi unha tarde de gravación única, pola luz tan bonita do outono, e pola calidade das persoas que participaron e contestaron ás preguntas que lles propuxeron. Grazas tamén a Marcos polo seu bo facer aprendéndolles aos rapaces.







sábado, 18 de novembro de 2017

CANTANDO NO SAMAÍN



Sobre estas fotos inquietantes feitas e editadas polos rapaces de 4º ESO o 31 de outubro, os de 2ºESO interpretaron a súa canción de Samaín.


xoves, 16 de novembro de 2017

INICIAMOS A NOSA ANDAINA



En setembro, os rapaces de 4º ESO fixemos unha saida ao entorno na procura da nosa concentración. Atopamos ademáis tranquilidade, natureza, amizade, xogo.... e unha dor insistente nalgún pé.


Con todo iso crearon a súa  "Invención musical sobre un paseo a Zopazos"

April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...