domingo, 16 de xuño de 2019

XORNADA DE CANCIÓNS, ENCONTRO E DIVERSIÓN

Con moita ledicia e coa intención de repetir a xornada o próximo curso, se cabe con máis participantes, rematou o I encontro para a dinamización de coros escolares, na que o noso centro participou. Unha iniciativa promovida polo CFR de Ferrol. A música e o canto coral como espazo de expresión, de encontro e de amizade.


Coros de catro institutos cantando xuntos


Gravación íntegra do evento


                                                   



luns, 3 de xuño de 2019

ACTUACIÓNS NA GRADUACIÓN 2019

Resumo das actuacións da graduación de 2º Bac 2019, coreografías,presentadores, cancións, pianistas, coro, grupo rock do instituto e grupo rock invitado. Moitas grazas a tod@s!!!


April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...