xoves, 8 de xullo de 2021

NOVA CURTAMETRAXE

 "A presenza" é o título da curtametraxe creada este ano na clase de música de 4º ESO. Partindo dunha achega ao patrimonio da nosa vila, e despois de ter visto a principio de curso a exposición 750 anos construindo Pontedeume,fumos desenvolvendo o guión e profundizando noutros temas como o de o acoso, a través desta misteriosa historia.

Toda a música empregada é orixinal creada e interpretada na clase.



xoves, 1 de xullo de 2021

TEÑO SAUDADE

 "Teño saudade" é o tema de Andrés Dobarro, do que os rapaces e rapazas de obradoiro coral de 1º ESO fixeron a súa versión, para adicarlla ás súas avoas e aos seus avós.



NO FESTIVAL AUDIOVISUAL OLLOBOI

 O pasado 12 de xuño estivemos na entrega de premios do festival audiovisual Olloboi en Boiro, no que a curtametraxe "Herdeira" resultou finalista na categoría de -Non ficción-. Ainda que non resultou gañadora, supuxo un recoñecemento ao traballo realizado o ano pasado polo alumnado de 4º ESO na materia de música (toda a música foi feita orixinal, e interpretada polos rapaces e rapazas para a curta). Nesta entrega de premios o proxecto de creación audiovisual "Vidas mariñeiras" recibiu un premio especial pola súa importante aportación á creación audivisual nos centros educativos, proxecto no que ten participado o IES Breamo por tres anos consecutivos.




April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...