martes, 21 de xuño de 2022

O soño de Raúl

 O soño de Raúl é o titulo da nova curtametraxe creada este curso na clase de música de 4º ESO. Como outros anos, trátase dunha idea creada dende a súa orixe. O grupo clase en equipo, crea dende cero unha curtametraxe orixinal, traballando na idea, na consecución do guión, na caracterización dos personaxes, na búsqueda dos espazos, e por suposto na  música orixinal creada e interpretada na propia clase, así como o descubrimento da súa gran importancia no desenvolvemento da historia. O proxecto está enmarcado dentro do programa innova saude, no que se traballou no centro conxuntamente dende os diferentes departamentos.



April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...