luns, 26 de xuño de 2023

Bizarre memories. Estrea na casa da xuventude

 O luns 26 de xuño fixemos a estrea da nova curta Bizarre Memories,  no espazo xove de Pontedeume, ao que agradecemos esta invitación e a súa colaboración. Xunto con esta curta proxectáronse tamén O soño de Raúl, feita no curso pasado e finalista no festival Olloboi 2023 e Na biblioteca hai moita vida, creada dende o club de lectura da biblioteca e gañadora do premio Zamburrioi no festival Olloboi.








domingo, 11 de xuño de 2023

A piques de rematar unha nova curta

 Imaxes da gravación desta nova curta na que está traballando o alumnado de 4º ESO. Temas, guión , interpretación, música orixinal, gravación,  montaxe, producción... E ademáis unha interesante novidade este curso, a colaboración do departamento de inglés, que fai enriquecer de forma salientable o traballo.

Como xa fixera no curso pasado, Javier Seoane resulta ser unha aportación fundamental desvelándonos todas as técnicas de gravación e montaxe para a nosa idea cinematográfica.

Todo o proxecto forma parte dos traballos realizados dentro do contrato programa Emociónate.












April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...