xoves, 8 de xullo de 2021

NOVA CURTAMETRAXE

 "A presenza" é o título da curtametraxe creada este ano na clase de música de 4º ESO. Partindo dunha achega ao patrimonio da nosa vila, e despois de ter visto a principio de curso a exposición 750 anos construindo Pontedeume,fumos desenvolvendo o guión e profundizando noutros temas como o de o acoso, a través desta misteriosa historia.

Toda a música empregada é orixinal creada e interpretada na clase.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

April in Paris

 Todavía estaba pendente a montaxe deste vídeo gravado xa un día a finais de marzo na biblioteca, un traballo do alumnado de Analise Musical...